
Despois de pasar por problemas económicos e estar ó borde do peche, o clube Fabric parece que se vai recuperando. O seu novo álbum chega con máis de un mes de retraso, pero o 30 de Agosto terémolo nas tendas dixitais. O elexido para mesturar é un home que sempre se está re-inventando e que sobrevive a todas as modas (como o propio clube).El é Surgeon, un auténtico inxeñeiro de tecnoloxías dixitais.
Destapamos Fabric 43:
Surgeon ten algo especial, un home que utiliza o dixital para facer soar varios temas e transformalos en un só, nunha peza única e coherente. Fai que exprimas o cerebro, intentando adiviñar que temas están soando, por algúns momentos pódense escoitar ata 3 temas á vez.
Fabric 43 consta dunha selección de temas abrumadora, un techno puro, escuro pero Techno de verdade, dese que se vota de menos de vez en cando, temas de Robert Hood, Exium, James Ruskin teñen cabida neste traballo. Cada tema aparece no momento exacto, dando á sesión un aire de suspense e misterio.
Sabemos que Surgeon é un tipo con moitas influenzas, así que mestura o Techno puro con ritmos breabeat e dubstep, facendo así, aínda máis brillante esta obra de arte. 72 minutos de "transformacións" arriscadas, prefiro utilizar este termo en vez do de "mesturas", xa que dixitalmente, Surgeon fai algo máis que mesturar, sabe sacarlle partido as ferramentas de ordenador. Quen sexa purista de vinilo recoméndolle que escoite este traballo, e se non pode, calquer set so señor Surgeon, porque seguramente cambiará a súa perspectiva.
Aquí poderedes escoitalo online:
Este é o glorioso trakclist:
01. Location recording from Kuramae Subway Station, Tokyo, Japan
02. Scuba - Glance
03. Surgeon - Bad Hands (Drums Only)
04. Marco Bernardi - Giro (Exium Remix)
05. Instra:mental - Forbidden
06. Forward Strategy Group - Applied Generics A
07. Reeko - Agile Movement
08. Surgeon - Bad Hands Part 2 (Drums Only)
09. Robert Hood - Superman
10. Planetary Assault Systems - X Speaks To X (Al Tourettes & Appleblim Remix)
11. Ritzi Lee - Black Star Ritual (Ben Sims Remix)
12. T-Polar - Crab People
13. Ital Tek - Spectrum Falls
14. Surgeon - Klonk Part 1 (Drums Only)
15. Subeena - Picture
16. Fran Hartnett - It Was Written In Vapour
17. Mark Broom & James Ruskin - Hostage
18. Stephen Brown - Stress Free
19. Ancient Methods - AM04B1
20. Surgeon - Compliance Momentum
21. Greena - Tenzado
22. Starkey - Spacecraft
23. Starkey feat. Anneka - Stars (Slugabed Did A Remix)24. Cari Lekebusch - Spindizzy (Luke Slater's L.B. Dub Corp Remix)
25. Surgeon - The Crawling Frog Is Torn and Smiles
26. Orphx - Threshold (Substance Remix)
27. Gatekeeper - Blip
28. Mark Broom & James Ruskin - No Time Soon
29. Russ Gabriel - El Juan
30. DJ Overdose - What






Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza