Control da produción en tempo real para diretos
Escrito por Klez   
Mércores, 01 Abril 2009 19:30
Control da produción en tempo real para diretos.

Neste artigo vou amosar como as novas tecnoloxías poden dar ao DJ moderno novas e interesantes técnicas para sesións en direto.

Mediante unha taboa controladora MIDI, á que asignamos previamente os seus controis, podemos manexar loops co propio software de produción empregado para crear os temas. Precisamente tenemos esta posibilidade porque o propio programa co que se compuxo o loop pode manexar os canais independentemente, efectos e sintetizadores VST. Como se estivéramos compoñendo.

 

imaxe 01

 

Precisaremos un ordenador cun procesador razoábelmente rápido, unha tarxeta de son de boa calidade e entradas midi, unha controladora midi (cantos máis controis, rodiñas, pancas e botóns teña mellor) e o software de produción.

Neste exemplo imos amosar como facelo co popular tracker Renoise, sen embargo debería poder facerse con outros programas de xeito análogo.

Primeiramente o tema co que vaiamos a traballar vai ter que estar escrito dun xeito algo particular. Non pode ter progresións en diferentes patróns. Tódala música, efectos, melodías teñen que estar escritas nun só patrón en forma de loop. Eu uso dous ou tres patróns case idénticos só con pequenas variacións na percusión, pero para que sexa máis doado, é mellor ten todo nun só patrón.

 

imaxe 02

 

Pode ser o caso que haxa varias melodías ao tempo ou efectos soando ao tempo e iso non nos interesaría a priori. Por iso partimos con tódolas canles muteadas, para ir controlando pouco a pouco os que nós queramos.

Poñemos a reproducir o noso loop de xeito continuo:

 

imaxe 03

 

Agora imos  ver como se programan os controis. Básicamente en Renoise pódese programar case calquera deslizador ou botón, incluíndo VSTs.

 Prememos o menú VIEW -> MIDI Mapping...

 

imaxe 04

 

Iso mostraranos a ventaíña de asignar control MIDI:

 

imaxe 05

 

Nesta ventaíña temos que premer o botón, panca ou roda do noso controlador MIDI externo,
e o Renoise automáticamente detectará o control que movéramos (CC No.) e sen pechar a ventá prememos calquera dos deslizadores do renoise.

Con iso xa temos a nosa primeira asignación e pode ser virtualmente a calquera control:
volume da canle, panning, lonxitude de reverb, feedback do delay,  curte de filtro lowpass... o que sexa.

Esta imaxen animada amósanos como facelo usando  botón dereito -> Midi map parameters

 

 

Amosa claramente como se trocan os deslizadores á cor laranxa co texto NO MAPPING, que quere dicir que non están asignados a un control, pero que nada máis pinchalos podemos facer a asignación.

Con isto sabemos xa case todo o preciso para comezar a amosar o voso talento aos demais.
Agora falta programar os Sintetizadores VST ou os Efectos VST.

O método é bastante similar aos deslizadores dos DSP internos do programa. Sen embargo fainos falla un elemento máis. O  "Automation Device"  que amosamos na seguinte captura.

META -> *Automation Device:

 

 

Unha vez que cargamos un destes (podemos ter tódolos que nos fagan falla) temos que asignarlle un dos nosos sintes VST. Para iso hai que seleccionalo onde pon Linked Plugin (refírese á lista superior de instrumentos). E escoller os apartados que queramos automatizar. Isto é un pouco laborioso porque a lista de compoñentes que ten un VST é moi longa e custa dar xusto co control que queremos. Na imaxe do exemplo programei o tipo de simulador, a separación do estéreo, a frecuencia do filtro1 e o factor Q do filtro1 do instrumento número 6, o Pentagon (de RGC Audio)

Agora xa temos os famosos deslizadores dos que está plagado o Renoise. Xa podemos programalos do xeito visto anteriormente. Botón dereito -> MIDI Map Parameters...

Poñemos a soar o patrón continuamente e a desfrutar cos controis.

Na música electrónica non existe o directo "per se" sen embargo isto é moito máis elaborado e distinguido que ser  DJ Winamp,  hai que pensar máis coma productor que coma dj. E ademais brindanos un control inigualábel da música ao comparalo cun disco normal, que xa ten as  progresións feitas e dunha duración inmodificábel. Deste xeito só estamos limitados pola nosa imaxinación e polo bos que sexan os nosos temas.


---   Notas finais:

* Cantos máis controis teña o noso dispositivo Midi, máis partido poderemos sacarlle, aínda que será máis caro de adquirir.

* Cada proxecto do renoise garda as asignacións MIDI, así que non debemos preocuparnos de reprogramar os controis de cada vez. Aínda os "CC No." só se corresponden co mesmo modelo de controladora Midi.

* Cando esteamos programando o volume dunha canle, este adoita ir do mínimo ata 0 decibelios, en lugar de ata o máximo (que sería con moita ganancia). Por iso debemos fixarnos na ventaíña de asignación Midi, onde pon max, para poñelo a 0 decibelios (ou o límite que escolléramos para esa canle). Así nunca nos pasaremos da raia cando movamos o control asignado a ese volume.

* Tamén podemos usar o teclado do ordenador para algunhas funcións interesantes, como a canle soa e o desmutado de tódolos canais.

* Os temas teñen que estar escritos con tódolos sons no mesmo patrón, incluíndo tódolos efectos. Aínda que evidentemente non van soar á vez e partirán de canais co volume a cero, controlarémolos por Midi no momento que creamos conveniente.

* Leva moito menos tempo producir un Loop que un tema completo :)

 

Feito por: Klez -> http://www.klezstyle.com/

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy