Guía para Ableton: Primeiros pasos
Escrito por Lorena Iglesias   
Venres, 06 Novembro 2009 23:58

Farto de abrir o Ableton e non saber para que serve cada botón? Seguro que máis dunha vez o instalaches e te volviches tolo para dar os primeiros pasos. Instalar librerías, sintetizadores, cortar MIDIs... son cousas básicas para facer o teu primeiro tema.

Galizaelectronica quere axudarche e para iso deixámosche a primeira parte dunha guía para que os comezos da produción non sexan tan duros.

 

Instalación:
Para elaborar esta guía, tomamos como base o Ableton 8 pola sinxela razón de que é a ultima versión dispoñíbel e os conceptos para este programa tamén servirán para versións anteriores.
Seguramente moitos de vos non o teñades ou simplemente non tivestes a posibilidade de probalo, non vos preocupedes porque en http://www.ableton.com/downloads poderedes descargar unha demo.
A instalación é coma a de calquera programa, seleccionamos a carpeta onde queremos instalalo e seguimos as instrucións que nos dan. É importante destacar que o Ableton crea unha carpeta propia , nesa carpeta teremos que meter os proxectos que teñamos en marcha porque en outro caso non o lerá.

Conceptos básicos:
Abrimos o programa e nos atopamos cunha vista xeral. Ableton funciona con dous tipos de vista, a Arrangement e Session. O Arrangement amosa os clips (fragmentos musical como unha melodía, línea de baixos ou percusión) no eixe temporal, é dicir, a vista para editar de todas as formas posibles os clips. A vista Session é unha base de lanzamento, dende Arrangement copiaremos os clips en Session para que soen no orde que nós lle demos. Para producir teremos que estar pasando continuamente dunha vista a outra así que recomendamos utilizar a tecla tabulador para aforrar tempo.
A esquerda do programa atopamos o Navegador de arquivos, ahí atoparemos as carpetas onde están os efectos para engadir ós temas, as carpetas onde instalaremos os sintes e as nosas librerías para sacar de ahí os sons que nos interesen.
Na vista Arrangement, en cada columna dos clips atopamos un módulo. Aí poderemos modificar o volume do clip, o balance (sons que van a esquerda e dereita), se queremos escoitar ese clip únicamente (S) e se queremos grabar algún efecto coordinado a man (xa o explicaremos mais adiante).

Gardar e exportar:
De momento con estes coñecementos non temos para facer un tema pero imos a explicar de antemán como gardalos e exportalos para un futuro.
Ó gravar o tema, Ableton tamén almacena toda a información dos clips, efectos, posicións, axustes...Nós aconsellamos gardar o proxecto coa opción Recopilar todo y guardar xa que así o programa fai unha especie de pack cos detalles que enumeramos antes.
Para exportar utilizaremos a opción Exportar audio/video, antes de facer isto vamos a asegurarnos de que non hai ningunha opción marcada na barra de arriba e logo seleccionaremos na vista Session a parte do tema que queremos gravar. Feito isto dámoslle a Exportar e sairá unha ventan cunha serie de opcións, asegúrate que gardas en WAV xa que éo formato mais común para este tipo de programas.

 

Ata aquí o primeiro número, con isto non podemos comezar a facer un tema pero son uns coñecementos básicos que hai que ter, Ableton é un programa complexo e nós só queremos intentar guiarvos para que non vos atasquedes. Na segunda parte xa veremos como instalar librerías e sintes para que elaboredes os vosos primeiros sons.

 

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy