Aquí está a segunda entrega da guía para Ableton. Na primeira parte aprendiamos a instalar correctamente o programa e a acadar os conceptos básicos para poder entender a estrutura dun tema. Nesta segunda parte explicaremos como instalar librerías con sons e aplicacións para utilizar co Ableton como sintes ou masterizadores. Recordade que as explicacións son soamente unha guía para a xente que non sabe dar os primeiros pasos.
Imos comezar a facer os nosos propios sons, para iso existen varias opcións. Unha delas é sacalos dun sintetizador, é dicir, un software cuns presets (sons predefinidos) que podes modificalos ó teu antollo a partir dos diferentes botóns que traen. A outra opción son as librerías que non son máis que un pack de loops e sons (fx para facer subidas, claps para marcar ritmo, etc...).
Librerías:
Para saber que librería é a adecuada para nós, debemos aclarar que tipo de música queremos facer xa que un pack de dance vaise diferenciar por completo dun minimal por exemplo.
Aquí vos deixo unhas páxinas que vos poden axudar para descargar os vosos primeiros packs ou loops:
http://www.freesound.org/packsViewSingle.php?id=156
http://www.looperman.com/ (tendes que estar rexistrados)
http://www.entropymusic.com/loops.htm
http://www.clickproduce.com/label/producer-pack-3126
O primeiro que temos que facer ó descargar a librería é metela na carpeta especial que crea Ableton e logo aí dentro crear outra carpeta co nome que queirades para tela organizada e non mesturar arquivos de programa cas cousas que baixedes. Unha vez instalado abrimos Ableton, á esquerda na barra navegadora onde temos os efectos e as carpetas eliximos a carpeta co número 1 por exemplo. Aí buscamos onde está instalada a librería, seleccionámola, dámoslle ó botón dereito e axustámola como carpeta raíz para que sempre apareza aí.
Estando na vista de Arrangement seleccionamos o son que mais nos guste do pack que descargamos e pegámola na barra de Audio. Para o seguinte son facemos o mesmo, insertándoo nunha nova pista de Audio, así ata que mais ou menos quede algo que vos guste. Isto é un proceso complicado xa que teremos que estar pendentes de atopar os packs en Internet que conteñan os sons que queremos.
Sintetizadores:
Cos sintes imos crear nós os nosos propios sons (que é o bonito da produción). Son programas para crear un son a partir doustros sons que xa veñen no programa (presets).
Aquí vos deixo un par deles para que lle votedes un ollo e os descarguedes:
http://www.linplug.com/
http://www.native-instruments.com/en/support/other-pages/demo-versions/
A instalación dos sintes é máis complexa. Abrimos o arquivo de instalación, elixiremos instalalo na carpeta especial de Ableton, logo instalado abrimos dito programa e seleccionamos na barra do navegador a icona do enchufe. Fixámonos que nesa mesma ventana nos aparece Dispositivos plug-in e ó carón unha lupa, seleccionámola e Ableton xa busca automáticamente os sintes que instalamos.
Ás veces por algunha razón non aparecen, se pasa isto facemos o seguinte: Imos a opciónsOrígenes de los plug-in, dámoslle a re-escanear. Se aínda así non aparece vemos se a opción Usar carpeta Plug-in VST está activada e se a carpeta é a adecuada, se non a é cambiámola na opción Buscar que aparece ó lado:

Na vindeira parte da guía veremos como utilizar os efectos que van a ser os que lle den vida ós sons e como secuencialos ó longo de todo o tema.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza
