Nesta terceira da guía para Ableton, imos ensinar como darlle efectos ós sons e como secuencialos durante todo o tema. Esta vai ser a última entrega da guía, sabemos que quedan moitas cousas por explicar pero lembrade que isto está simplemente feito para dar os primeiros pasos. Se quedades con ganas de mais podedes atoparnos en Contacto e mandarnos un mail coas vosas peticións para facer unha vindeira entrega da guía.
Efectos:
Para comezar a utilizar os efectos é importante que diferenciemos entre Audio e MIDI, para cada formato haberá uns efectos especiais que só se poderán colocar nun ou noutro. Na barra do navegador veredes que Ableton trae uns efectos por defecto que son os que utilizaremos. Imos engadir un efecto a un son, para iso seleccionamos o efecto que queremos e soltámolo na columna onde temos o son na vista Arrangement. Para elixir o efecto que queremos usar podemos investigar antes e probar cada un nunha pista, así familiarizámonos con eles. Os mais utilizados son: Compressor (modificar o son que sae ó exterior), EQ Three (ecualizar graves, medios e agudos), Filter Delay (rebote de sons) e Reverb (ecos que dan a sensación de que rebotan nas paredes).
Automatización e secuenciación:
Para isto imos cambiar a vista á Session e fixámonos nas frechas da dereita. Desplegámolas e vemos que todos os efectos que metemos están aí, seleccionamos un e vemos como se coloca unha liña rosa por debaixo do loop do son, iso é a envolvente, é dicir, podemos darlle o trazado que nos queiramos para que dentro do efecto que eliximos faga unha cousa ou outra. Na envolvente tamén podemos modificar se un efecto está activado ou non, para que só funcione nun tramo de tema.
Para facelo de forma manual tamén temos a opción de grabar, seguimos na vista Arrengement e seleccionamos o loop que queremos modificar, abaixo sairán os efectos que temos postos. Para modificar calquer variante e que quede grabado dámoslle ó boton REC que hai enriba de todo ó lado de OVR, cando queiramos deixar de grabar simplemente lle damos outra vez e xa estaría listo.
A utilización e secuenciación de sons é bastante complexa, todo é cuestión de comezar a probar combinacións e ter claro os sons que queremos sacar.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza
