|
Como xurdiu todo.. A idea de crear a primeira páxina web de música electrónica do noso País surxiulle a Alberto de Salvaterra e foi aproximadamente polo mes de febreiro cando empezou a contactar con dous compañeiros amantes da música electrónica. Unha delas sería Lorena de Vigo que ademais era Deejay, e por outro lado Ernesto tamén de Vigo e ambos estiveron encantados en colaborar neste proxecto e sen esquecer a Hadrián de Vigo tamén que é o colaborador técnico da web, e sen el este proxecto non existiría.
Comezamos, vaia caos.. Durante case dous meses estivemos a traballar na web, tanto no apartado técnico como no contido da web: crear seccións, organizar todo, comezar a realizar entrevistas etc e despois de moitas horas de traballo o día 1 de abril xa tiñamos case todo listo para facer público o noso proxecto. Os primeiros meses na rede.. O resultado foi mellor do esperado, poucos días despois de dar a coñecer o noso proxecto saimos no dirio dixital CódigoCero e en diferentes blogs galegos na internet, polo que as visitas empezan a crecer, e cada vez son máis as persoas que coñecen a nosa web, e hai que ter en conta que non gastamos nada en publicidade, xa que isto surxiu como un simple hobby.. pero iso non quere dicir que non tiñamos “profesionalidade” polo que o primeiro que facemos foi pornos en contacto con diferentes compañeiros para que levaran o tema de normalizacion lingüistca da nosa web xa que ainda que non sexamos periodistas, non queríamos cometer erros, os membros deste novo equipo de Galizaelectronica son: Antía (Compostela), Iago (Vigo) e Estela tamén de Vigo. Que nos facemos famosos!! En plena presentación da web numerosos medios de comunicación galegos queren facernos entrevistas para saber máis deste novo proxecto, polo que comezamos a realizar entrevistas na radio: Radio Galega e Radio Fusión, pero non queda aí o tema, varios medios de prensa dixital querennos entrevistar: Vigometropolitano, La Voz De Galicia, Vieiros, A Nosa Terra, CodigoCero.. polo que para nós este tipo de publicidade gratuita viunos moi ben, xa que as visitas á páxina web duplicáronse.
Como facemos o traballo, nos organizamos etc.. Aínda que pareza mentira, ningún de nós sabe nada de periodismo ou calquera cousa que teña que ver co tema da prensa ou comunicación, pero a pesar de todo a nosa profesionalidade, nos fixo ter un pequeno público de lectores, asegurándonos sempre de non cometer faltas nin erros ca ortografía o noso equipo de traductores revisaba tódalas entrevistas e as noticias. Para facer as entrevistas, e demais, facemos unha conversación con varias persoas a través do messenger, onde nos organizamos e tamén creamos as preguntas das entrevistas, ademais recordar que a maioría dos membros da páxina web non se coñecen entre si.
Marketing made in Galizaelectronica Por se non o sabedes internet é moi grande, e aínda que tiveramos un bo comezo o contar con tantos medios de prensa que nos deron boa publicidade, non é suficiente para facerse un oco neste mundo.. polo que vos vamos a desvelar as nosas estratexias de marketing: enviar emails a coñecidos, molestar a tódolos contactos do messenger para que puxeran a nosa páxina web no nick, molestar os amigos que teñen fotolog para que publicaran a noticia da nosa páxina web, e crear conta en comunidades tan coñecidas como son: tuenti, fotolog, youtube, myspace... E despois de case medio ano de Galizaelectronica.com que pasa? A rascala barriga? Pois non señores e señoras, estes últimos meses (agosto-setembro 08) estivemos a crear unha nova páxina web, máis interactiva, con máis contidos, todo mellor organizado e onde os usuarios que nos visiten poidan participar máis na web. Pero non só iso.... tachantachan! Agora somos unha asociación sen ánimo de lucro (desde agosto), con presidente, vicepresidente, secretario e todas esas cousas formais. O motivo polo que nos fixemos asociación foi para seguir aumentando a nosa profesionalidade, e poder comezar a organizar eventos e diferentes actividades relacionadas ca música electrónica que se van a levar a cabo no noso País. |