Coñecendo a: Lana Del Rey

Correo electrónico imprimir

Dicir Lana Del Rey é sinónimo de controversia. Polo mundo adiante escribíronse miles de artigos tanto en contra como a favor da americana e é que a verdade a escena divídese en dous: os que a aman e os que a odian.

Se coñeces a Lana Del Rey, de seguro que non che resultou indiferente, para ben ou para mal, esta neoiorqina sempre da que falar. É unha figura que se pasea entre o mainstream e underground, xogando cós tópicos das dúas escenas, por iso, se cadra, xenera sentimentos encontrados.

Estas últimas semanas, aproveitando á edición de “Born To Die: The Paradise Edition”, volvín a ler todos eses artigos onde a critican e ver as actuacións máis soadas. Sempre é unha boa oportunidade para volver a escoitar a súa voz imperfecta e que por xustamente iso, fai que cada peza do seu álbum soe diferente aínda que sempre na mesma liña.

O principal factor que causa controversia é que a propia Lana Del Rey di sempre que o éxito non o buscou, que simplemente quería facer un disco para plasmar os sesus sentimentos e que nunca se esperou que alcanzara o éxito tan de súpeto. Dicir isto, para moitos críticos, é sinónimo de mentira, din que só está a interpretar un papel para gañarse a confianza dos grupos alternativos porque o mundo comercial xa o ten case dominado. Se cadra, esta situación pode aplicarse a EE.UU no que Lana Del Rey sae até na sopa, pero nos demáis países é todo un fenómeno para os hipsters e incluso sibaritas da música.

Na península, aterrizou no Sónar, no que para a maioría dos asistentes foi unhas das actuacións do ano a pesar de que Lana di que é unha cantante de estudo, non de escenario, ademáis de preferir os concertos íntimos e non multitudinarios como os festivais. Chámase a ela mesma Nancy Sinatra Gangster e á vez di que ten influenzas con Elvis Presley, Frank Sinatra, Kurt Kobain, ... vamos, unha mestura de estilos que seguramente nin ella sabe definirse. O único que podería ter algo de sentido é o de Gangster que aparece reflexado no videoclip de "National Anthem", no que interpreta a Marilyn Monroe á vez que a muller de un J.F Kennedy bastante gangster e de familia interracial, é dicir, unha bomba para todos os américanos máis conservadores e patriotas.

Ó longo de "Born To Die" atopamos cancións das que xa non se fan agora, usando intrumentos de verdade con moitísima carga emocional e momentos de clímax sentimentais. As letras son unha mestura de elegancia e poesía rueira, sendo suxerente para expresar certos temas, isto contrasta á súa imaxe vintage e sempre facendo referencia á América dos anos 60. A Lana del Rey chegoulle a fama dun día para outro e iso nótouse nas súas primeiras actuacións como a de Saturday Nigh Life, que non foi unhas das súas mellores precisamente.

As últimas novas que temos é que a propia artista confirmou que non sacaria un novo álbum porque xa expresou con "Born To Die todo" o que quería dicir, pero xusto despois de dicir isto, sae á venda o “The Paradise Edition” con temas inéditos. Unha forma de facer publicidade? Non o sabemos. De momento quedará no aire se teremos máis música dela, así que a gozar destas últimas obras (a quen lle guste),