Do que pasou no Madrid Arena

Correo electrónico imprimir

O máis tráxico dun Halloween é que saias cós teus amigos a pasalo ben e non volvas. Esto foi o que lle pasou ás (xa) 4 rapazas que faleceron na avalancha que tivo lugar na festa Thriller no Madrid Arena. Moitas incógnitas rodean para a Policía o que pasou pero a xente que estaba alí e o viviu, sabe perfectamente cales foron as causas desta traxedia.

Según as fuentes oficiais: un individuo (aínda por identificar), solta un petardo ou bengala que desencadea unha avalancha de terror e dirixe a miles de persoas para o túnel que da saída/entrada ao recinto. Nalgún momento alguén tropeza e iso provoca o tapón de persoas enriba doutras e de empurróns.

Isto é o único que nos pode ofrecer a versión oficial tanto do Goberno de Madrid como da Policía, non se fala de ningún dato máis e só din que se fará xustiza, así que a Presidenta de Madrid, Ana Botella, como medida para rematar con estas traxedias, prohíbe ceder os recintos municipais para as macrofestas. Para nós, unha medida populista e oportunista para rematar con este tipo de eventos onde a música electrónica é a referencia. Madrid, leva un longo tempo de cruzada contra a noite e esta situación axudaralles a poder tomar máis medidas de “recortes” de ocio nocturno que nun futuro veremos.

En vez de tomar medidas contra quen sexa oportuno, só se lles ocurre prohibir as macrofestas. Haberá que comezar por facer un análise da situación e esperar a saber cal é o resultado da investigación. Esta traxedia puido pasar pasar en calquer evento, xa sexa electrónico ou de tauromaquia (non esquezamos que nun encerro de San Fermín, nunha das entradas, formouse un tapón no que morreron varias persoas).

Os organizadores son máis que coñecidos na noite madrileña e a xente que acude aos seus eventos sabe de primeira man que case sempre se pasan de aforo aínda que eles digan o contrario. Os DJ´s que picaban esa noite falan de máis de 20.000 asistentes cando o máximo eran sobre 10.000, algúns tuiteárono pero logo o borraron para non meterse en problemas... Non é a primeira vez que pasa algo parecido pero sen mortes, colas interminables para accesos aos servizos e o que é máis importante... para saír. Na maioría dos eventos destes organizadores tes que pagar 6€ se queres saír e volver a entrar (neste caso non sabemos cómo estaba organizado), có cal as colas son importantes.

A xente da festa Thriller fala de pouca seguridade, de só ver a profesionais có peto na entrada e ó pé do escenario, ningún repartido pola pista que se puidera identificar por se había problemas. Falan tamén de que as portas de emerxencia estaban pechadas e que non había ninguén vixiándoas... pero claro, isto para as institucións só son declaracións de xente que estaba baixo a influenza do alcohol e que non pode narrar obxectivamente o que alí aconteceu. Hai un video moi ilustrativo en Youtube no que se pode ver perfectamente o tapón do túnel e no que a seguridade os mira pasivos, sen facer nada e sen evacualos, esperamos que sirva para ós organismos na súa investigación porque a omisión de socorro é o que prima neste video.

Seguramente esta investigación levará meses, incluso chegará ao ano... e as familias das víctimas seguirán sen xustiza, só cá medida populista de prohibir as macrofestas. O peor é que seguramente só pagará o individuo que tirou o petado/bengala e a seguridade privada como os organizadores quedarán impunes...

Nós aínda estamos esperando a que Alemania atope aos culpables da traxedia do Love Parade, desexamos que neste caso non pase o mesmo.

D.E.P