Paul Kalkbrenner - Guten Tag

Correo electrónico imprimir

Despois de marcarse un álbum como o que fixo de banda sonora da súa propia película "Berlin Calling", moitos pensaban que alcanzara o éxito da súa carreira pero con "Guten Tag", o alemán deixa claro que aínda ten que moito que dicir e moita personalidade para non deixar de facer o techno que mais lle gusta a pesar das modas.

O éxito de Paul Kalkbrenner vén de saber mesturar uns graves de intensidade con melodías melancólicas e bastante sentimentais. Faino có primeiro tema dos disco "Daz Gezabel" Poderíamos dicie que este álbum é unha continuación do anterior pero estaríamos sendo inxustos. Paul Kalkbrenner sempre fixo este tipo de música, sempre có seu selo personal e apostando pola mesma fórmula pero porque é un sinónimo de que a música está composta por el mesmo.

En "Berlin Calling" podemos ver como Paul quere poñerlle ao seu disco os temas en alemán pero a súa mánager dille que iso é pouco comercial. Neste novo disco o discurso muda e todos os temas teñen un título xermano... a Paul xa non lle fai falla ter estratexia comercial porque é unha nova icona da música electrónica.

A xoia deste disco para os amantes dos temas máis contundentes, poderíamos dicir que é "Der Stabsvornern", cun son moi industrial e oscuro, unha peza diferente no disco. 

Outra cousa que marca a diferenza deste disco son os temas interlude, pouco usados na música electrónica... a parte de temas curtos... Paul non fixo este disco para que sexa picado polos DJ´s senón escoitado na casa e enteiro, facendo de todos os temas unha única peza con sentido. Escoitar o disco podería asemellarse a pasar unha tarde-noite polos barrios berlineses, unha transportación que a podes notar cós temas melódicos. 

En definitiva, un álbum que marcará a continuidade de Paul Kalkbrenner como máximo representante do son berlinés por moito que os máis underground lles doia.