Frank Ocean - Channel Orange

Correo electrónico imprimir

Frank Ocean é un deses homes que prefire quedarse na escena underground dos sons R&B e soul, aínda que moita xente opina o contrario. O certo é que cando Channel Orange ía a saír ao mercado, Frank Ocean decidiu que era o momento axeitado para destapar a súa homosexualidade, así que certo sector da música o sinalou como un simple oportunista.

Utilizando a súa orientación sexual como publicidade ou non, hai que ter valor para dicilo públicamente no mundo R&B, plagado de iconas heterosexuais e onde non se coñece públicamente a ningún artista que saíra do armario pola porta grande como Frank Ocean.

Pero non estamos para aquí para opinar sobre isto senón do seu traballo Channel Orange, un discazo de comezo a fin. Un disco que tes a obrigación de escoitar se eres amante dos sons máis souls e sentimentais.

O disco é un viaxe por un montón de historias, Frank Ocean é un excelente narrador e é capaz de contarnos escenas explícitas pero sutilmente, con elegancia, deixando tamén á imaxinación do oínte. O tema elexido para presentar o disco é Pyramids, un corte de case 10 minutos onde conta o amor dunha Cleopatra utópica. 

Para entender Channel Orange hai que ler a carta de agradecemento do disco, onde Frank cóntanos que é un viaxe para vivir o seu primeiro amor de Verán no qu e se namorou dun home con 19 anos. Un exemplo é Forrest Gump, un dos temas finais no que se pode ver claramente unha declaración de amor.

Thinkin Bout You, para nós é o mellor corte, tanto a nivel de base como voz de Frank, onde sabe utilizar perfectamente a técnica do falsete. Un tema que foi versionado por moitos artistas xa consagrados. 

Da primeira mixtape de Frank Ocean ao seu primeiro disco hai un gran cambio, pasou de utilizar un sons básicos de librería a unhas bases cheas de ritmos electrónicos elegantes e elaborados pola discográfica Def Jam. Channel Orange son 17 cortes cheos de exquisitez e boa lírica que seguramente entrarán na historia do R&B máis polo seu significado que pola obra musical (aínda que ésta ten unha gran calidade). Nace así unha nova forma de entender aos artistas soul, onde tamén hai sitio para romper os estereotipos e poder falar abertamente de temas tabú.