Ektoplazm 2.0 pensa fóra da caixa

Correo electrónico imprimir

EktoplazmEktoplazm é o maior distribuidor de música libre e legal do mundo para o trance psicodélico, techno e downtempo, especializado en contidos de artistas e selos independentes baixo a licenza Creative Commons, todos eles editados en MP3 e formatos de audio sen perdas FLAC e WAV. O seu sitio web fixo posible case 8 millóns de lanzamentos desde o ano 2007, con un presuposto moi axustado, e entre 30 e 35 millóns de tracks publicados aproximadamente.

É unha plataforma apoiada ao 100% polas doazóns altruístas dos seus usuarios, que medorentos de perder a oportunidade de seguir interactuando con este xigante do intercambio libre de arquivos, apoiou sen precedentes unha campaña de recadacións promovida este ano e intitulada «Metamorfose 2012: necesitamos a túa axuda!», que acaba de exceder en miles de dólares o obxectivo inicial.

Tanto o sitio web Ektoplazm como o netlabel do mesmo nome nacido no ano 2008, son ademais de unha plataforma que nos permite consumir música libremente ou propiamente un selo con o que distribuír as nosas creacións, un espazo en rede que comunica intensamente o actual debate sobre a cultura libre, a música pirata e as grandes discográficas.

ektoplazm

Basilisk, fundador de Ektoplazm no ano 2000, revela na páxina web que un dos seus intereses prioritarios ao longo dos anos que preceden a súa fundación é o debate que xira en torno ao libre intercambio de arquivos: «a revolución Napster mudou para sempre a nosa forma de consumir música pero os selos discográficos non fixeron mais que oporse a este progreso (…) Relancei Ektoplazm no ano 2006 coa intención de promocionar a música libre baixo a licenza Creative Commons como unha alternativa viable ao tradicional sistema de distribución de música na escena do trance psicodélico. Quería promover o cambio, dar exemplo e desestabilizar o status quo. Aspiraba a brindar aos artistas outras opcións máis aló da conformidade ou a escuridade: exposición masiva, liberdade artística e bo karma…»

A plataforma xira en torno a estes tres servizos básicos:

- Miles de descargas sen protección DRM con nomes de arquivos estandarizados e sensibles, etiquetas ID3 apropiadas e un álbum de contidos artísticos de imaxes en alta resolución.

- O nivel do servizo é considerablemente alto tendo en conta que é gratuíto de forma que se publican novos lanzamentos case todos os dias

Ektoplazm 2012

- Servizo de distribución para selos independentes e artistas: Ektoplazm recebe a materia prima e manualmente procesa, converte, etiqueta, empaqueta, sube, distribúe e promociona a música destes. A través dos anos, Ektoplazm converteuse na máis grande plataforma de distribución tanto para artistas aspirantes como para veteranos pouco convencionais no nicho de mercado da música electrónica psicodélica.

A metamorfose Ektoplazm 2.0 persegue os seguintes obxectivos:

- Despois de 5 anos co mesmo deseño a páxina precisa un cambio de imaxe

- Descargas individualizadas de tracks.

- Intento de converter a web no salón de estar virtual dos músicos co desenvolvemento de perfís para selos e artistas con publicación de biografías, datas de actuacións e incluso posibilidade de interacción con fans.

Eztoplazm 2- Desenvolvemento de todas as características necesarias para a construción dunha verdadeira rede social: os amantes da música poderán rexistrarse, gardar favoritos, compartir publicacións con amigos e amigas, comentar, valorar, participar na creación de unha lista cos 10 mellores etc.

- Presentación automática de lanzamentos con un auto-servizo de procesamento e subida de lanzamentos que permita aos selos e artistas ter mais envolvemento no proxecto.

- Adquisición de mais servidores para afrontar cargas adicionais, maior estabilidade e menos tempo de inactividade.

- Radio streaming, acceso a móbiles, expansión e procura de novos estilos alternativos, internacionalización e tradución da páxina web etc.

Pero xa está ben de falar e pasemos a coñecer Ektoplazm na súa casa con este álbum compilado por Forest Freaks, seleccionado primeiro por Basilisk co obxectivo de facilitarlles aos mais tímidos unha introdución suave no darkpsy gracias ás súas achegas forest, e a continuación por nós, totalmente cautivadas coa elegancia destas produccións (segue este enlace para escoitar todos os tracks):

 

portada

 

 

http://www.ektoplazm.com/section/blog

https://www.facebook.com/ektoplazm