Vostede está aquí: Home ENTREVISTAS Entrevista a Aid
 
 

Entrevista a Aid

Correo electrónico imprimir

Para inaugurar os novos estilos da web, temos unha convidada de luxo. Os amantes do hip-hop xa coñecerán a esta rapaza viguesa pero para aqueles que aínda Aíd é unha descoñecida, os convidamos a achegarse a ela.

 

1. O teu traballo “Jugando” xa é unha aposta forte. Define nun par de frases o que foi elaborar para ti este disco.

É xa un traballo editado en 2009. Agora con perspectiva o vexo como unha compilación de cancións feitas durante os dous anos anteriores, con moita ilusión, e que describen a miña vida naquela época. Unha bonita crónica do que vivía entón.


2. Como xurde ser a imaxe de “A calquera hora” da TVG? O tema “Apréndeo” foi composta exclusivamente para este espazo ou xa existía?

Xurde coma todo, de xeito inesperado. Calquera mañá te chaman de calquera sitio e te ofrecen calquera cousa, calquera oportunidade que se a sabes coller ben, resulta ser algo impresionante, e un soño máis cumprido.
A canción foi composta exclusivamente para a campaña da CRTVG, que contaba cunha idea a cal compartía e defendía internamente, e isto me axudou a ser eu mesma e escribir o que sentía, defender a expresión, a comunidade e os servizos públicos.


3. Chámanos a atención que uses o galego para facer letras sabendo que o rap en castelán está máis valorado. Que che fixo comezar a usar o galego?

O rap en castelán non está máis valorado, está máis estendido. Vivimos nunha sociedade con etiquetas e prexuizos, onde o rap ten que ser dun certo xeito, nun determinado idioma, e dicir unhas determinadas cousas. As miñas cancións en galego triunfan moito máis fora de Galiza, isto explica que o problema non é o idioma, senón a mentalidade galega. A lacra do auto-odio e o conformismo  galegos.


4. Nas túas letras falas de todo un pouco pero... en que tema te sintes máis cómoda rapeando?

Síntome cómoda escribindo sobre calquera asunto que me esté ocupando a cabeza no momento, expresando o que teño no interior. Isto me serve tamén para coñecerme e descubrirme por dentro, a ser sensible e respectar as emocións, a darlle forma a esas palabras, a eses ritmos e plasmar en música exactamente o que estou a pensar/sentir.

6. Onde buscas a inspiración cando non che pasa nada para contar?

A inspiración non se busca. Eu escribo cando me apetece, por sorte, apetéceme a miúdo, teño a cabeza a tope de cousas a miúdo, e teño gañas de contalas a miúdo.


7. Ti décheste a coñocer a través da rede. Hoxe en día calquera persoa pode utilizala para mandar o seu mensaxe a través dela. Como algo obrigado temos que preguntarche: Que opinas do peche de páxinas como Megaupload que permiten compartir música a artistas que aínda se áestn dando a coñecer?

Non creo que Megaupload influía directamente na promoción dos artistas noveis. En calquera caso, vexo un alarmismo innecesario xa que ese servizo o ofrecen moitas outras páxinas. Preocúpame máis o control e censura paulatina de internet, e o uso das redes sociais como utensilio de espionaxe.


8. Falemos dos teus plans de futuro. Con que che gustaría facer unha colaboración e por que?

Calquera persoa coa que poida compartir de verdade a paixón polo rap, que conte o que ten dentro, que disfrute con isto.


9. Queremos verte actuando en directo. Cales son as vindeiras datas para poder disfrutar de boa música?

Estaremos o 2 de marzo en Cedeira e o 27 de abril en Vigo no Auditorio do Concello. Presentando as cousas novas e coma sempre, ben acompañada.

10. Algo que dicirlles ós lectores de Galizaelectronica.com?

Grazas a Galizaelectronica.com pola entrevista, e aos lectores pola paciencia