Vostede está aquí: Home ENTREVISTAS Entrevistamos a Groove Amigos, encargados de representar a Galiza na WMC 2012
 
 

Entrevistamos a Groove Amigos, encargados de representar a Galiza na WMC 2012

Correo electrónico imprimir

Groove Amigos é o exemplo da unión, xa que cando dúas persoas comparten os mesmos gustos musicais e traballan duro, poden conseguir cousas realmente boas. Neste caso foi nun periodo de tempo bastante máis curto do habitual, tan só un ano despois de nacer acaban na Winter Music Conference, en Miami, ou organizando as súas propias festas a bordo dun barco.

 Cando nace Groove Amigos?

Baixo o pseudónimo de Groove Amigos, a data oficial é en novembro de 2011 pero xa tiñamos colaborado antes como Pau D'Afonso e André Vazquez xa que nos une unha amizade dende hai anos.  

 Que usades para producir? 

 FL Studio e Logic.

Tivestes a oportunidade de asitir a  WMC, que nos podedes contar?

 É un dos eventos de referencia musical electrónica máis importante do mundo, os Top Djs mundiais acuden a Miami para amosar todas as novidades e tendencias que se usarán no ano seguinte.

 A nosa experiencia alí foi moi positiva xa que puidemos actuar en tres festas. Unha delas para o selo discográfico Selectance Rec, na que puidemos compartir cabina con Ismael Rivas e Tom Sawyer entre outros. Tamén estivemos actuando nunha festa organizada por Aqua Elite Events a bordo dun catamarán que recorría toda a costa de Miami. E no último día formamos parte da festa de clausura da WMC na pool party do Hotel Marseilles con Shamizo, o dj local que nos recibiu. 

 Como vedes a escena electrónica galega?

 Pois a verdade que este verán tivemos a gran sorte de poder compartir cabina con máis djs e galegos e o resultado foi óptimo, puidemos comprobalo de primeira man nas Groovy Boat contando coa colaboración de djs como Milutxo, Dani Veiga, The Prieto Brothers, Alberto Picón...

Repasando as vosas datas dos últimos meses, atopamos que tamén facedes eventos

 Pois si, este verán quixemos facer algo diferente a bordo dun barco e creamos unha serie de festas con todo o necesario para un evento desta magnitude. Conseguimos facer que a Ría de Vigo fose un escenario improvisado para que os artistas convidados amosasen toda a súa habilidade diante dun público excepcional e con moitas ganas de pasar unha tarde divertida incluíndo tamén actividades en motos de auga. 

Agora que acabou o verán e vamos facer o mesmo pero en terra firme, a data é o 7 de decembro ,facendo coincidir o 27 aniversario de Pau, e o lugar será a discoteca Época de Porriño para a primeira Feelin' Groovy.

 Senón me equivoco, sodes bastante coñecidos en Portugal...

 Si e non (risas),aínda queda moito camiño por andar no país veciño pero xa tivemos a sorte de actuar no 14 aniversario dunha  das discotecas máis importantes do norte que é Biba Ofir e tamén puidemos levar o noso show a Seven, Pagode e New Moskva.

 Algún proxecto de futuro que nos poidades contar?

 O futuro máis inmediato é seguir mantendo a mesma liña de traballo como fixemos ata agora pero pensando no 2013 podemos adiantar que nos ofreceron un proxecto moi apetecible para repetir a experiencia en Miami coas nosas Groovy Boat que tanto deron que falar este verán, e se todo sae ben tamén levaremos o noso show ao norte do país, e ata aquí podemos ler..

 


Se queredes saber máis: