Vostede está aquí: Home ENTREVISTAS Entrevistamos a DJ Goro " haberá unha criba e aos que venden fume, por fin, os baixarán do carro"
 
 

Entrevistamos a DJ Goro " haberá unha criba e aos que venden fume, por fin, os baixarán do carro"

Correo electrónico imprimir

Traemos unha das entrevistas máis profundas que realizamos até agora. Falamos con Dj Goro sobre o seu paso por LP45, o estado actual da escena electrónica galega, o intrusismo, a súa nova etapa como deejay onde aprobeita para descubrirse tal e como é. Non ten ningún tipo de reparo en contestar o que pensa, e sobre todo, en estender as súas opinións máis persoais, despois de moitos anos de profesión.

 SEGUES VIVINDO DA MÚSICA ?
Bueno, si e non: si, pois picar segue sendo o único que fago con ánimo de lucro (o sábado que vén estarei en Irún, no 19º aniversario de Jazberri e ao venres seguinte de novo en Francia co meu proxecto EXTRA BALL) e si porque todos os meus aforros e propiedades veñen do que gañei picando e aínda non tiven que buscar outro traballo para sobrevivir. Non, no sentido de que, tal e como están as cousas, a partir de agora e dende xa fai algún tempo, non podería manter o ritmo de vida que levei nos últimos 15 anos grazas aos bolos, sen tirar deses aforros dos que dispoño por haber colocado ben os cartos gañados nese mesmo período de tempo... pero iso tamén e resultado de haber sido demasiado consecuente co respecto dos que tantos anos me seguiron e o único que seguiu levando, por principios, a bandeira do “progressive” até despois da súa extinción. Non estou en ningunha situación que non me mereza ou haxa podido evitar a tempo senón houbese salvagardado os meus principios como artista. A pesar de non ter que amosarlle nada a ningúen, nunca quixen que me tachasen de oportunista e, aínda que sexa difícil de crer, para min o diñeiro nunca foi o primeiro.

A situación en Galicia tampouco é tan crítica como a pintan algúns, nin tan “guay” como queren facernos crer os que, por exemplo, din que si viven da música e, en realidade, viven cos seus pais, non teñen máis gastos que o de Iphone, din publicamente que cobran 600 euros por un bolo, pero en realidade non pasan dos 200 ou pican gratis cando o cartaz é atractivo e a priori non estaban incluídos nel, con todos os males que carrexa para o colectivo deejay ese comportamento e que faría falta unha entrevista de 3 a 5 follas para enumeralos.

Os profesionais teñen curro, e senón, saben o que hai que facer para atopalo. O que pasará, como no resto de sectores laborais, é que haberá unha criba e aos que venden fume, por fin, os baixarán do carro, e aos que ofrezan resultados equiparados ao que cobran lles seguirán chegando ofertas de traballo, e senón poden esperar a que aparezan non lles quedará máis remedio que baixarse o soldo ou o caché e chamar a algunhas portas.

O que está claro é que os que tiran do carro seguen sendo os hostaleiros. Son os que apostan e abren ou pechan os seus locais en función de si a  cousa lles vai ben ou mal e, en época de crise, para que a cousa vaia un pouco mellor, hai que facer as cousas extremadamente ben. Aí é onde entra en xogo a calidade do deejay, que a medio prazo terá moito que ver en que o local siga cheo despois da súa inauguración, re-inauguración, ou reforma. Así que auguro ao meu colectivo un reponte pois, a partir de agora, moi poucos empresarios arriscarán o seu diñeiro poñendo a cabina en mans de alguén que non teña suficiente experiencia ou lles ofreza un mínimo de garantías de éxitos (ou así debería de ser ... a veces a teoría non funciona)


COMO FOI A VIDA DE DEEJAY DENDE A ÉPOCA DE LP45 ATÉ AGORA?
Outro sono feito realidade, incluso mellor que o de encher ata a bandeira unha sala que chegou a vender 6.500 entradas no seu mellor fin de ano comigo como residente e sen ningún deejay convidado, picando un estilo moi persoal que eu mesmo había introducido na miña propia comunidade autónoma (outro sono máis) e manter ese fluxo en rotación todos os fines de semana durante moitos anos; tanto que a sombra da sala me persegue aínda a día de hoxe !!!
Non mo imaxinaba pero, ao desvincularme do nome dunha macro-discoteca cun peso específico tan enorme, por fin puiden ver ben cal era o meu: os catro últimos anos como residente da sala coincidiron co meu apoxeo como “artista”, pero tampouco podía gozalos en todo o seu esplendor, pois, durante o mesmo período de tempo, non só estaba atado ao 75% á discoteca, senón que tamén estaba atado literalmente a Christian (que era o meu compañeiro de cabina naquel momento e de SONIKO-DB) por un pacto que tiñamos que nos prohibía a ambos picar en ningunha sala de Galicia en solitario, co cal todos os meus bolos de sábado (unha cláusula do meu contrato me permitía faltar en LP45 dous sábados ao mes non consecutivos) eran en Bilbao, Madrid, San Sebastián, etc, pero nunca na miña terra, pois os dous ou un dos dous tiñamos que picar cada sábado e véspera de festivo en LP45...
Nada mais deixar LP45 chegaron os bolos todos xuntos en salas por toda a xeografía galega, con cheos absolutos no 95% dos casos, e coñecín en realidade ao público que tiña do meu lado, a “miña” verdadeira xente, a quen me seguía e me apoiaba polo que eu ofrecía, non polo nome da miña residencia, senón porque fun a excepción que confirma a regra de que “ninguén e profeta na súa terra”. Xurdíronme residencias mensuais, tanto dentro como fóra de Galicia, e comecei a gravar discos en solitario e a crear novos proxectos persoais en salas que tamén se enchían mentres LP45 quedaba baleira, da que me despediron 6 meses despois da súa última reforma, palabras textuais, porque cobraba demasiado e porque querían darlle un enfoque á sala “máis comercial”; os mesmos que máis tarde dixeron que a discoteca baleirarase pola miña culpa... Pero todo iso e o que viu despois xa e fariña doutro costal, e ten tantos capítulos que mellor mo gardo por se algún dia escribo as miñas memorias... #cabezadeturco



NA ACTUALIDADE SEGUES PRODUCINDO, CALES SON OS PLANS DE FUTURO?
Fai cinco anos que non “produzo” nada. O poño entre comiñas pois, a pesar de que 7 dos meus 8 vinilos son as miñas ideas orixinais  (excepto moitas das caras “B”) non sei solfexo, nin manexar ningún programa tipo “Logic” e pouco máis que ler o correo e navegar na rede é o que  sei facer cun pc. Se ben é certo que, en todos eles menos en “ELEMENTS” estiven pechado nos estudios de gravación, en Madrid ou Barcelona, desde a primeira nota até a masterización de tódolos temas, e sempre tiven que pagar para que outros fixesen o traballo que eu non sei facer (aínda que, en realidade, máis da metade dos vinilos saíronme de balde ou foron patrocinados por TECHNICS, algunha discográfica ou as salas nas que traballaba).
Os plans de futuro si que inclúen un par de producións, que xa teño en mente, para reforzar os bolos; ademais de atopar unha nova residencia (preto de casa si é posible; non como a última que rematou en xaneiro deste ano, pola que tiven que irme a vivir a San Sebastián). Todos sabemos que agora senón produces xa non es ninguén no circuíto nacional e, aínda que recoñezo que xa teño unha idade na que viaxar por traballo cánsame máis do que me ilusiona, non me gustaría deixar de facelo. A ver, por agora sigo esperando a que encaixen un par de cousas e se consolide o meu novo “proxecto/a.k.a” EXTRA BALL, que por agora aínda esta en coiros e tivo máis éxito en Francia que na miña propia terra, na que dificilmente poderei desvincularme do meu pasado e do remember.



E QUÉ É "EXTRA BALL" ? PODERÍAS EXPLICARNOS UN POUCO MÁIS EN QUE CONSISTE O TEU NOVO PROXECTO?
Pois “EXTRA BALL” sempre estivo aí. É o “antes” que agora converteuse no meu “despois”. O que pasa é que durante estes últimos 15 anos estivo sepultado polo peso, a responsabilidade e embergadura do nome de “DJ GORO” ou do “SONIKO-DB”. EXTRA BALL e moito máis fiel aos meus orixes como persoa, como melómano, que todo o que todos coñecedes de min como profesional. Non esquezades nunca que o meu grupo favorito é (nunca o ocultei) “Depeche Mode”. O meu primeiro single en vinilo foi “Tainted Love” de Soft Cell” e o meu primer Maxi “12” el “Selector de Frecuencias” de Aviador Dro; e que antes de mergullarme na cultura do “Techno-Pop”, que é en parte culpable de que me haxa dedicado as mesturas, estiven  mergullando no Heavy Metal e o Rock & Roll e as miñas estanterías están cheas coas discografías  de AC/DC, Iron Maiden, Led Zeppellin, Deep Purple, Pink Floyd e un longo etc e, por suposto, de los Ramones, The Police, os Beatles e The Rolling Stones.

Que agora estean  saíndo de novo á luz os meus verdadeiros orixes e adaptándose aos novos tempos non é máis que un proceso de actualización profesional, aínda que recoñezo, como proxecto, foi un parto prematuro, algo que esta na incubadora: A semente a sementei a comezos do 2011, cando se confirmou que a miña nova residencia sería “PEOPLE – San Sebastián” (na que non tiñan cabida o “Progressive” e ningunha das súas variantes” e votei man de toda esa música electrónica de nova xeración que me  fascinaba para encher e crear unha nova maleta na que, dificilmente, ningún dos temas que había dentro superaba os 130 bpms, e menos do 1% de remember proviñan da miña maleta anterior. Tomei a decisión de permanecer no anonimato, de nunca dar publicidade ou asociar a miña nova residencia de San Sebastián co meu nome (cousa habitual nos meus últimos 10 anos de carreira), e de non aparecer en ningún flyer nin cartaz, deixando que fose o residente orixinal da sala o que levase ese peso. A razón foi que o nome de DJ GORO había aparecido case unha vez ao mes nalgún cartel do País Vasco nos dous lustros anteriores e estaba asociado a salas como JAZZBERRI, DCIBELIA, NON, SKAMNER e un longo etc, cuxo público e música distaban moito do perfil co que queríamos encher “PEOPLE”.

Tiña previsto saír á luz “Re-bautizado” unha vez encaixase esa nova maleta, residencia e filosofía musical, e unha vez que me houbese demostrado a min mesmo que tamén podía facer bailar á xente con ela durante horas sendo fiel ao meu novo e particular estilo; pero lamentablemente esa residencia terminou moito antes do previsto, aínda que durou o suficiente como para poder permitirme unha volta atrás. Así que para seguir adiante con esta nova etapa sen confundir ao meu público e poder aceptar os bolos que me habían xurdido grazas ao meu paso por PEOPLE, tiven que optar por utilizar un a.k.a para que, antes de pagar unha entrada para verme, saibas se vou a picar como DJ GORO “remember progressive” ou música da miña nova maleta como EXTRA BALL.


ACTUALMENTE NAS DISCOTECAS GALEGAS APENAS SE PON MÚSICA ELECTRÓNICA, É TODO UNHA MISTURA ENTRE POP E DANCE, TODO SOA IGUAL...
En que todo soa igual douche a razón. Pero teño que discrepar na outra parte da pregunta, xa que PITBULL e Juan Magán fan “electrónica” e, para min, o Dance é electrónica, pois considero que todo o son feito para ser bailado en Clubs e “a través dun PC” é electrónica. Ademais, o fenómeno que vimos nacer con deejays por exemplo como  Bob Siclaire e que agora ten o seu máximo expoñente en Guetta, fixeron que o electrónico sexa aínda máis comercial e, consecuentemente, os pubs e discotecas de Galicia contáxianse con iso e en todos se pica o mesmo, grazas a mediocridade que estamos vivindo, onde   canción que salga en Gran Hermano, Hombres mujeres y viceversa ou Gandia Shore convértense por este triste feito nun nº1 ou que o faga o fillo dunha famosa sexa un dos deejays maior pagados deste país. Lamentablemente para os que vivimos disto e non amamos ese “rollo” ou o estilo de Pitbull, Juan Magan ou as orquestras, a cousa pinta moi mal en Galicia; e si picas iso, é que es como o resto e non destacarás máis alá da túa residencia, co cal tampouco te poderás permitir grandes luxos despois de pagar a hipoteca ou a letra do coche.



QUE PASOU CA MUSICA PROGRESSIVE EN GALICIA?
Extinguiuse, como no resto de España; a iso non hai que darlle máis voltas. De nada serviría “patalear” ou procurar razóns ou culpables. Quero darvos as grazas a todos os que apoiástesme e fixéstesme feliz mentres estaba no augue e me seguides respectando como profesional nestes momentos.
 
CADA VEZ MAIS XENTE É "deejay", COMO CREES QUE AFECTOU INTERNET A ESTE MUNDO ?
Se tivese que amosarlle algo a alguén ou gañarme un oco na nova escena, non sería copiado ao top25 dun megadeejay e reproducindo o sen ton nin son pensando que xa esta todo feito (omitamos o botón de sync da crítica). Por iso antes che falaba da criba que haberá na nosa, antes digna, profesión.

Pero bueno, tampouco podemos culpar a un adolescente por crer que pode ser deejay sen saír de casa despois de que os medios proclamen a pakirrín como tal.
Si que deberíamos culpar a quen consente e aplauden, uns pola súa mediocridade e outros polo interese, que oportunistas sen escrúpulos e con menos vergonza, aprobeitanse da súa oportunidade na prensa rosa ou en circuìtos de estradas para que lles paguen por reproducir unha sesión xa gravada de antemán e autoproclamarse deejays, cando entende de psicología da pista o que eu de física-cuántica.
Nestes caos internet e os avances tecnolóxicos non só fan a vida máis sinxela, senón tamén o intrusismo, e cando isto sucede no ámbito deejay converte a nosa profesión en algo tan barato e accesible por calquera, que se carga dun plumazo todo o que a outros nos custou moitos anos.
Ademais a min non me vale o de que “o tempo pon a cada un no seu sitio”... Toda esa xente vaise rir de nós contestando “que me quiten lo bailado” despois de haber enchido a súa conta corrente e haber destrozado a honestidade dunha profesión da que algúns seguimos intentado vivir.

Para saber máis:

www.djgoro.comwww.extraballdj.com
twitter : @DjGoro_Spain
facebook : GORO ROMÓN