Podcast de Spiros Kaloumenos

Correo electrónico imprimir

Dicir Spiros Kaloumenos é lembrar a época dourada do Hardtechno en Galiza, onde cada fin de semana había carteis con dj´s internacionais picando a música maís dura das súas maletas e onde a festa duraba até xa entrada á mañá.

O podcast de Spiros Kaloumenos é tanto para os nostálxicos de aqueles tempos como para aqueles que buscan un hardtechno de calidade xa que todas as tendas dixitais e macrofestivais están cheos de Tech-House, Minimal, Deep... Facía falla algo así, un podcast que dera un golpe na mesa e que dixera: Ei! O hardtechno non está morto! E sobretodo que rezumbara nos nosos oídos os sons OMEGA AUDIO que tantos soaron polos altofalantes das discotecas máis famosas da nosa terra..

Spiros foi capaz de seguir na liña do Techno contundente todos estes anos, mentres outros se pasaban aos estilos máis de moda ou evolucionaban noutra vertente, sempre se mantivo fiel e comprometido có seu público. É un deses dj´s que levanta a mirada a pista para ver se a xente está a disfrutar da música, ofrecendo un Techno moderno sen atraparse nas vellas glorias, todo un home que supo evolucionar o seu estilo dentro da vertente contundente.

O seu último álbum reflexa todo isto e o seu nome é “Zero Point”, do que agora sairán remixes dos seu compañeiros como Eric Sneo, A.Paul, Tom Hades... todo amante dos sons gregos máis oscuros debería ter unha copia.

Aquí vos deixo o tracklist e o podcast de 30 minutos para que viaxedes a a través dos sons do grego e da súa exquisita selección musical

 

1.Marrel - There is no God

2. Markantonio - Rebels

3. M.I.D.I - Black Tail

4. Go!Diva & Ovi M - Cavala

5. Microcheep & Mollo - Massive Dynamics

6. Makarov & Steen - Downtown

7. Filterheradz - Heavy Hydrogen

8. Locomatica - Bronco  

 

www.spiroskaloumenos.com

www.facebook.com/#!/pages/Spiros-Kaloumenos/14992835067