Vostede está aquí: Home NOVAS
 
 

Freedom Festival sortea 3 entradas

Correo electrónico imprimir

Logo 2013A rave Freedom Festival, que se celebrará este ano entre os días 13 e 18 de agosto, sortea 3 entradas entre todas aquelas persoas que axuden a promocionar o festival a través da rede social Facebook. Participar neste concurso é tan sinxelo como seleccionar todas as amizades das que se dispoña no facebook e publicar o número total de seleccionados e seleccionadas na páxina de facebook do Freedom Festival, na forma de un comentario no muro antes do 15 de marzo.

Ler máis: Freedom Festival sortea 3 entradas

O protocolo MIDI cumpriu 30 anos esta semana

Correo electrónico imprimir

A Interfaz Dixital de Instrumentos Musicais, máis coñecido como MIDI esta de cumpre, nada máis e nada menos que 30 anos. Aínda que moita xente nova igual non o coñeza, este popular protocolo serviu durante anos para poder conectar diferentes equipos e instrumentos musicais, coma teclados electrónicos, baterías, hoxe en día móbiles... aínda que cada vez esta a ser máis substituído polo USB.

Ler máis: O protocolo MIDI cumpriu 30 anos esta semana

Cora Novoa estará este mes de xaneiro no Up Club

Correo electrónico imprimir

A artista galega Cora Novoa forma parte da programación para o mes de xaneiro do Up Club, en Madrid. Situado na rúa Pirandello 1 este club de apenas uns meses de vida vén posicionarse coma un dos clubs referentes na escena electrónica. O primeiro fin de semana, sábado 5 contarán coa actuación de Alexander Kowalski, o 12 Cora Novoa, e  para ir rematando o mes, sábado 19, Speedy Dj e por último, día 26, Reeko & Exium.

Ler máis: Cora Novoa estará este mes de xaneiro no Up Club

Segunda edición dos Wanted Dj's Competition

Correo electrónico imprimir

Chega unha nova edición dos Wanted Dj's Competition, na sala Playmovil (Vigo), co obxectivo de apoiar ao talento local. Desta volta o evento esta patrocinado pola academia de produción musical REC LABEL, polo que o premio será un curso de produción musical intensivo (valorado en 300€). O segundo gañador levará un vale de 75% de desconto no mesmo curso e o terceiro un 40%.

Ler máis: Segunda edición dos Wanted Dj's Competition

Freedom Festival: últimas 150 entradas a 50 €

Correo electrónico imprimir

Unha gran reunión psicodélica ten lugar cada ano nos fermosos campos alentexanos de Portugal. A macrorave do Boom Festival dalle paso agora ao Freedom Festival 2013, que se celebrará nos calorosos 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de agosto. En cada edición, o Freedom organiza unha venta anticipada de entradas a prezo reducido, que se adquiren a través da súa páxina web ou a través dos seus embaixadores internacionais.

Ler máis: Freedom Festival: últimas 150 entradas a 50 €

Páxina 1 de 38