Vostede está aquí: Home NOVAS EVENTOS
 
 

Cora Novoa estará este mes de xaneiro no Up Club

Correo electrónico imprimir

A artista galega Cora Novoa forma parte da programación para o mes de xaneiro do Up Club, en Madrid. Situado na rúa Pirandello 1 este club de apenas uns meses de vida vén posicionarse coma un dos clubs referentes na escena electrónica. O primeiro fin de semana, sábado 5 contarán coa actuación de Alexander Kowalski, o 12 Cora Novoa, e  para ir rematando o mes, sábado 19, Speedy Dj e por último, día 26, Reeko & Exium.

Segunda edición dos Wanted Dj's Competition

Correo electrónico imprimir

Chega unha nova edición dos Wanted Dj's Competition, na sala Playmovil (Vigo), co obxectivo de apoiar ao talento local. Desta volta o evento esta patrocinado pola academia de produción musical REC LABEL, polo que o premio será un curso de produción musical intensivo (valorado en 300€). O segundo gañador levará un vale de 75% de desconto no mesmo curso e o terceiro un 40%.

Freedom Festival: últimas 150 entradas a 50 €

Correo electrónico imprimir

Unha gran reunión psicodélica ten lugar cada ano nos fermosos campos alentexanos de Portugal. A macrorave do Boom Festival dalle paso agora ao Freedom Festival 2013, que se celebrará nos calorosos 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de agosto. En cada edición, o Freedom organiza unha venta anticipada de entradas a prezo reducido, que se adquiren a través da súa páxina web ou a través dos seus embaixadores internacionais.

Viktor Flores volta a Vigo este luns 24 de decembro

Correo electrónico imprimir

Viktor Flores, o deejay de Vigo regresa a unha cabina histórica na cidade, onde forxou boa parte da súa carreira musical tralos pratos. En total, suma xa 17 anos picando por clubs e festivais de toda España, Portugal e diversas actuacións no estranxeiro. Este 24 de decembro teremos a oportunidade de voltar a velo, en noiteboa, estará na sala Playmovil (antes Vademecwm) nunha sesión de cinco horas.

Páxina 1 de 32