Vostede está aquí: Home NOVAS EVENTOS Techno en Chanteclair por unha noite
 
 

Techno en Chanteclair por unha noite

Correo electrónico imprimir

A emblemática discoteca Chanteclair de Valga (Pontecesures) vai a acoller a súa primeira noite de Techno despois do peche co nome de Octopus.

A moitos de nós colleunos por sorpresa xa que non pensábamos que esa sala se volvera a arriscar polos eventos de electrónica. Sexa como fose, é unha boa nova para todos porque poderemos gozar dunha noite co mellor Techno de vangarda nun recinto apropiado e cunhas instalación á altura do cartaz.

O Venres 6 de Xullo, os encargados de poñer música á volta dunha das salas con máis historia da nosa terra son: Marcel Dettmann (3horas set), Robert Hood (Live), David Granha & John Axiom (Live), A.G.M & Qüintrix (Live). A festa comezará ás 23:30 até as 07:00, o prezo de entrada será de 12 € en anticipada e 18 € na ventana.