Vostede está aquí: Home NOVAS EVENTOS Viktor Flores volta a Vigo este luns 24 de decembro
 
 

Viktor Flores volta a Vigo este luns 24 de decembro

Correo electrónico imprimir

Viktor Flores, o deejay de Vigo regresa a unha cabina histórica na cidade, onde forxou boa parte da súa carreira musical tralos pratos. En total, suma xa 17 anos picando por clubs e festivais de toda España, Portugal e diversas actuacións no estranxeiro. Este 24 de decembro teremos a oportunidade de voltar a velo, en noiteboa, estará na sala Playmovil (antes Vademecwm) nunha sesión de cinco horas.

 

Red Bull Music Academy

Viktor Flores dirixe a área de Cultura de Red Bull España, con proxectos coma Red Bull Music Academy, ademais actucou no FIB-Benicassim e outros eventos de coñecido prestixio internacional.