O proxecto Galizaelectrónica.com

Correo electrónico imprimir

Como xurdiu todo

A idea de crear a primeira páxina web de música electrónica do noso País xurdiulle a Alberto Grandal de Salvaterra Do Miño (Pontevedra) e foi  aproximadamente polo mes de febreiro (2008) cando comezou a contactar con dous compañeiros amantes da música electrónica. Unha delas sería Lorena de Vigo que ademais era Deejay -obviamente un punto a favor-, e por outro lado Ernesto -tamén de Vigo- e amante da música trance. Ningún dos tres se coñecía en persoa, pero iso non foi problema para poñerlle nome a este proxecto.


Comezamos

Durante case dous meses (febreiro-marzo do 2008) estivemos a traballar na web, tanto no apartado técnico como no contido:  organizar a estrutura da web, pornos en contacto con deejays/produtores, preparar entrevistas, reportaxes...

 

Primeiros minutos na rede

O un de abril de 2008 fixemos publico o lanzamento da web. Grazas a colaboración dos nosos amigos puidemos levar a cabo unha "campaña" de publicidade en Fotolog.com que por aquel entón estaba causando un gran furor entre a xente nova. Debido ás actualizacións que a xente facía falando de Galizaelectronica, ese mesmo día o diario dixital de novas tecnoloxías da Galiza: Código Cero fíxose eco da nova dando lugar a que nas seguintes semanas as visitas da web foran en aumento.

 

Os medios de comunicación  galegos falan do proxecto

Días despois de que Código Cero falara por primeira vez de Galizaelectronica, serían moitos até o día de hoxe os que se puxeron en contacto connosco para falar sobre a primeira web de música electrónica galega, escrita integramente en galego e sobre todo fomentando unha música electrónica sen esquecer o principal obxectivo: fomentar os artistas galegos e galegas do noso País, así como facer crecer a escena de club. La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Vigo Metropolitano, A Nosa Terra e Radio Galega foron só algúns dos que nos axudaron a darnos a coñecer. [Consultar todos]

 

Dando o salto ao papel

A finais do 2009 e grazas a unha axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como das empresas que colaboraron connosco foi posíbel lanzar unha revista de 1.000 exemplares ao longo da xeografía galega e os municipios fronteirizos de Portugal.  Como portada saia a artistas galega Cora Novoa, na que tamén se incluían reportaxes, novas, charts e revisións, así como dúas entrevistas máis. Realizar novos números dunha revista impresa supón un custo elevado para os medios dos que dispomos, pero seguimos traballando día a día para sacar un próximo número; sendo a súa finalidade, única e exclusiva dar a coñecer a páxina web, e nunca substitución desta. [Consultar revista]

 

Galizaelectronica internacional

No primeiro ano de vida, coincidindo ca edición do Creamfields Vigo (2008) que sería o evento do ano e que marcaría un antes e un despois da música electrónica e no que obviamente non nos quixemos perder, realizamos a nosa primeira reportaxe accedendo obviamente con pases de prensa. Por aquel entón nada mais comezar co proxecto foi todo un mérito poder acceder a un festival dese nome recoñecido mundialmente acreditados, sen embargo a medida de que o tempo pasaba e a nosa profesionalidade, así como as visitas aumentaban puidemos acceder a outros eventos que non se limitaban só a Galiza: Sónar (Barcelona), Time Warp (Holanda) Neo Pop (Portugal), Summer Music Conference (Portugal), Goa (Madrid) e unha longa lista de eventos. [Consultar todos]