Correo electrónico imprimir
Número 2
Data de publicación: Maio de 2011
Número de exemplares: 1.000
Distribución: Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense, Monçao, Valença Do Minho.
Descrición: Foto de portada Iris Deejay, artista galega de música trance, ademais neste número tamén entrevistamos ao colectivo de A Coruña A Casa da Leiteira, publicamos tresreportaxes: Berlin Music Days, Butch Live @ Romy, Vitalic @ Rio. Facemos tres revisións de tres álbums: Daft Punk - Trong Legacy (BSO), Cora Novoa - The Secret Garden, Shlomi Aber - Chicago Days, Dtroit Nights. Publicamos tamén 6 charts: Cora Novoa, Dani Rivera, Subsotano, John Axiom, Mich Golden, a.g.m & qüintrix e publicamos unhas fotos do Techno Flash e Klubbers.

 

Número 1
Data de publicación: Outubro de 2009
Número de exemplares: 1.000
Distribución: Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense, Monçao, Valença Do Minho.
Descrición: Foto de portada Cora Novoa, con entrevistas a Subsotano e New Opera Hero. Reportaxes do Sónar 2009 de Barcelona, Nglobe Festival que tivo lugar en Vigo, foi o primeiro festival de música house que tivo lugar en Galiza e Richie Hawtin na sala Industria Agrícola de Vila Nova de Cerveira. Neste número tamén falamos da actualidade musical como a nova marca de roupa lanzada por Richie, o novo álbum de Tiësto ou novas sobre software de produción musical. Realizamos 3 revisións, unha ao álbum Please dos Pet Shop Boy outra a Cobblestone Jazz co tema Traffic Jam e a última revisión trata sobre como O Tech-House matou ó Minimal. A revista conta tamén con 8 charts de artistas como Cora Novoa, Rob Loren, Miss Dunne, Iris Deejay ou Fer Br entre outros.